COMPOSICIÓN: TRANSICIÓN POLÍTICA
O 20 de novembro de 1975, Francisco Franco morría, e con el a ditadura que estivera presente en España dende mediados de 1939.
Tras a súa morte, Xoán Carlos I comezou a reinar e como primeiro presidente, confiou o goberno a Arias Navarro, home moi criticado porque os demais non o vían capaz de levar a cabo un proceso reformista. E, así foi. Arias Navarro loou o réxime de Franco e apenas presentou novidades nin políticas nin económicas. Durante o seu goberno, e por iniciativa de Fraga, só se promulgou unha Lei Reguladora e Reunión. As relacións de Arias Navarro co rei eran escasas, polo que Xoán Carlos forzou a súa dimisión a mediados de 1976.
Tras el nomeou como presidente do goberno a Adolfo Suárez, que o 6 de xullo dirixiuse ao país (Doc.1), a través da televisión, explicando cales eran os seus principais obxectivos. Os ministros que formaban o seu goberno eran novos e buscaban novas reformas da sociedade española.
Entre as súas reformas e leis, a máis importante é a Lei para a Reforma Política (Doc.2). A finalidade desta lei era chegar a un goberno democrático onde se buscara a soberanía popular, unhas Cortes onde os membros foran elixidos por sufraxio universal, unha constitución e unha serie de dereitos individuais. Esta lei foi sometida a referendo e aprobada por case a totalidade dos votantes, agás os de extrema dereita.
Para xuño de 1977 convocáranse unhas eleccións, onde había unha serie de partidos que destacaban por riba dos demais. O PSOE estaba presidido por Felipe González, que se mostrou moderado. Santiago Carrillo era o máximo dirixente do PCE, que nun primeiro momento era ilegal pero que, máis tarde, Adolfo Suárez encargouse de legalizar para que puideran participar nas eleccións. Outros partidos destacados eran: Alianza Popular, PNV ou o PDC. Pola súa parte, o propio Adolfo Suárez formou UCD, composto por grupos de varias tendencias. El mesmo encargouse de dar un discurso (Doc.3) no cal mostraba os seus obxectivos e as súas promesas se gañaba o partido.
Dende a morte de Franco e ata estas primeiras eleccións democráticas, houbo unha serie de movementos e partidos que se agruparon, que convocaron folgas e que pedían , entre outras cousas, unha amnistía xeral e eleccións a cortes constituíntes.
Na eleccións de xuño de 1977 participou preto do 80% do censo e o resultado foi un bipartidismo imperfecto con influencia cara a UCD e o PSOE. Finalmente, o rei optou por que Suárez continuara sendo presidente, aínda que o seu partido, a UCD, non contaba con maioría no Congreso.
Pouco despois destas eleccions, iniciouse un proceso de creación dunha constitución. Primeiro, a comisión realizou un documento. Deles pasou ao Congreso e máis tarde ao Senado. Finalmente, o documento someteuse a referendo e foi aprobado por cerca do 90% dos votantes. A constitución de 1978 (Doc.4) recollía unha serie de características democráticas, como que a soberanía nocional estaba nas mans do pobo, que a forma política era a monarquía parlamentaria, que había un recoñecemento ao dereito ás autonomías, a garantización de dereitos e liberdades, a aconfesionalidade do Estado e a separación e poderes (lexislativo, xudicial e executivo).
En 1919 convocáronse eleccións de novo e os resultados foron similares ás de xuño de 1977. En abril dese mesmo ano, houbo tamén eleccións municipais, nas que a UCD e o PSOE se fixeron coa gran maioría de votos e concelleiros.
A UCD, aínda así, atopábase moi dividida de maneira interna ao estar formada por grupos de varias tendencias. Ademais, o país estaba a atravesar problemas como a crise económica, o proceso autonómico ou o terrorismo, que era cada vez máis acentuado, sobre todo por parte do grupo ETA.
Todos estes problemas levaron a que Adolfo Suárez, a comezos de 1981, dimitira.
Pouco despois, a UCD celebrou un congreso para decidir o sucesor de Suárez. O escollido foi Leopoldo Calvo Sotelo.
O 23 de febreiro, un grupo de gardas civís ao mando de Tejero, asaltaron o Congreso de Deputados e secuestraron alí os representantes da soberanía nacional e o goberno. Moitos xenerais declararon o estado de guerra, pero o rei actuou de maneira intelixente. Nun primeiro momento púxose en contacto con algúns mandos militares e despois, a través da radio e a televisión, tranquilizou á nación e condenou o golpe (Doc.5). Finalmente, este golpe de estado fracasou.
Ao día seguinte, Calvo Sotelo foi posto coma presidente do goberno e consegui unha serie de acordos: asinar co PSOE a LOAPA, istaurar a lei de divorcio e a integración de España na OTAN.
Aínda así, a UCD estaba xa practicamente desintegrada. O propio Adolfo Suárez formou en 1982 o Centro Democrático e Social. Calvo Sotelo, ao quedar sen apoios, disolveu as cortes e convocou eleccións para 1982 (Doc.6). Os resultados destas cambiaron a situación de España. A victoria foi para o PSOE, que conseguiu 202 escanos. No segundo lugar situábase AP-PDP, que era de dereitas, e nun terceiro lugar estaba a UCD, pero que só contaba con 12 escanos.
Tras estas eleccións comezaron os gobernos de Felipe González (PSOE) e rematou a transición, dando xa comezo á democracia.
Comentarios
Publicar un comentario