COMPOSICIÓN NÚMERO 1 Estamos ante unha serie de textos, o primeiro correspóndese cunha serie de artigos da Orde que o mariscal Murat propuxo en 1808; o segundo documento correspóndese coa proclama da Junta Central do Principado de Asturias; o terceiro documento correspóndese cun escrito de Evaristo San Miguel, onde se expón algúns proxectos dos combatentes contra os franceses; e, por último, o cuarto documento correspóndese con artigos da Constitución de 1812. Tras a derrota de Napoleón, restauráronse as vellas monarquías e intentouse regresar á situación internacional anterior á Revolución francesa (1789-1799). Por iso, denominamos Restauración ao período inmediatamente posterior á derrota de Napoleón. Esta etapa foi tamén un período de reacción para volver ao Antigo Réxime. O seu fundamento ideolóxico era o lexitimismo, que defendía a desigualdade social e a alianza Igrexa-Estado para garantir os dereitos lexítimos dos monarcas absolutos do Antigo Réxime. ...
Entradas
Mostrando entradas de diciembre, 2016