Entradas

COMPOSICIÓN: TRANSICIÓN POLÍTICA     O 20 de novembro de 1975, Francisco Franco morría, e con el a ditadura que estivera presente en España dende mediados de 1939.     Tras a súa morte, Xoán Carlos I comezou a reinar e como primeiro presidente, confiou o goberno a Arias Navarro, home moi criticado porque os demais non o vían capaz de levar a cabo un proceso reformista. E, así foi. Arias Navarro loou o réxime de Franco e apenas presentou novidades nin políticas nin económicas. Durante o seu goberno, e por iniciativa de Fraga, só se promulgou unha Lei Reguladora e Reunión. As relacións de Arias Navarro co rei eran escasas, polo que Xoán Carlos forzou a súa dimisión a mediados de 1976.     Tras el nomeou como presidente do goberno a Adolfo Suárez, que o 6 de xullo dirixiuse ao país (Doc.1), a través da televisión, explicando cales eran os seus principais obxectivos. Os ministros que formaban o seu goberno eran novos e buscaban novas refor...
COMPOSICIÓN: GUERRA CIVIL A mediados de 1936, a República era a forma de goberno de España. O 17 de xullo dese mesmo ano, un grupo de militares alzouse en Melilla en contra da república, e, ao día segiunte, ese alzamento estendeuse por toda España, agás nalgunhas das grandes cidades, como Madrid ou Barcelona. O levantamento contaba co apoio de monárquicos afonsinos, carlistas, falanxistas e militares conservadores.     Tras ese alzamento, non tardaron en chegar discursos para chamar á resistencia ao pobo, como o discurso pronunciado por parte de Dolores Ibarruri (Doc.1) tan só un día despois de que o levantamento chegara á península.     España quedou dividida en dúas zonas. Por un lado, as grandes cidades e as zonas industriais quedaron en poder do goberno, que era republicano por ese momento. Por outro lado, as zonas máis agrarias estaban en mans dos militares sublevados. A finais do mes de xullo, o levantamento militar derivara a unha guerra civil...
COMPOSICIÓN: A CRISE DA RESTAURACIÓN     A comezos do século XX, a Restauración, baseada nunha monarquía non democrática pero liberal, continuaba vixente. A estabilidade desta forma política deusa grazas ao pacto para ter o goberno entre o Partido Conservador e o Partido Liberal. Foi tamén importante o caciquismo.     Pero, xa dende finais do século XIX apareceu o rexeneracionismo, que propuña unha serie de cambios sociais e políticos.     No 1902 Afonso XIII accedeu ao trono e os partidos escolleron a novos líderes: Maura, do partido conservador, e Canalejas, do liberal. Un grave problema do trono do rei Afonso eran as tensións entre os militares e o nacionalismo catalán. E así, en 1905 publicouse un artigo na revista El ejército Español (Doc.1) no que se criticaba todo movemento relacionado co nacionalismo e se recordaba o poder do exército.     Maura gobernou durante dous anos, e durante o seu mandato produciuse a ...
LECCIÓN: TRANSICIÓN ECONÓMICA
VIAJE A MADRID: EL ESCORIAL
CONCEPTO: CACIQUISMO
LECCIÓN: FRENTE POPULAR Y CRISIS