Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017
COMPOSICIÓN NÚMERO 2         España, a mediados do século XIX, viuse envolta nunha serie de crises, entre as que destacaron a económica, que afectou a todos os sectores produtivos; a bancaria, nun segundo plano e, finalmente, a estas dúas crises uniuse unha de subsistencia que trouxo consigo motíns por parte da poboación. Ademais disto, en setembro de 1866 o almirante Bautista Topete sublevouse en Cádiz. Este manifesto axudou a consolidar unha revolución, coñecida como La Gloriosa .     Todos estes proxectos trouxeron como consecuencia o abandono do trono por parte de Isabel II, comezando así unha nova etapa que posteriormente pasará a chamarse o Sexenio democrático .     La Gloriosa estaba formada polos progresistas e os partidarios da Unión liberal, pero a verdadeira idea de revolución era dada polos demócratas, que, entre outras cousas, pedían sufraxio universal ou defendían as clases traballadoras. Ad...