COMPOSICIÓN NÚMERO 2




        España, a mediados do século XIX, viuse envolta nunha serie de crises, entre as que destacaron a económica, que afectou a todos os sectores produtivos; a bancaria, nun segundo plano e, finalmente, a estas dúas crises uniuse unha de subsistencia que trouxo consigo motíns por parte da poboación. Ademais disto, en setembro de 1866 o almirante Bautista Topete sublevouse en Cádiz. Este manifesto axudou a consolidar unha revolución, coñecida como La Gloriosa.

    Todos estes proxectos trouxeron como consecuencia o abandono do trono por parte de Isabel II, comezando así unha nova etapa que posteriormente pasará a chamarse o Sexenio democrático.
   La Gloriosa estaba formada polos progresistas e os partidarios da Unión liberal, pero a verdadeira idea de revolución era dada polos demócratas, que, entre outras cousas, pedían sufraxio universal ou defendían as clases traballadoras. Ademais de todo o anteriormente mencionado, o principal fin desta revolución era chegar a unha sociedade burguesa. Esta revolución, comezada en Cádiz, estendeuse de maneira rápida por outros lugares, como é o caso do Goberno de Málaga (Doc.1), que o 27 de setembro uniuse a esta revolución cunha serie de aspiracións, como a liberdade de conciencia, o sufraxio universal, etc. Dous días despois desta unión por parte do Goberno de Málaga, o poder recaeu en mans dunha xunta revolucionaria, que sería a encargada de regular La Gloriosa. E foi esta mesma xunta a que lle encargou días despois un goberno provisional ao xeneral Serrano. Este goberno estaba formado por catro ministros unionistas e cinco progresistas. Entre as súas medidas principais destacaba o control da revolución xunto con outras de carácter máis popular (liberdade de imprenta, de ensinanza…).
   O 15 de xaneiro de 1869 houbo eleccións a Cortes Constituíntes, escollidas por sufraxio universal masculino. A función principal das Cortes foi a creación dunha nova constitución, que se aprobou a mediados de 1869 (Doc. 2) Os aspectos máis destacados desta Constitución foton, entre outros: “Art.32. A soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan tódolos poderes”, “Art.33. A forma de goberno da Nación Española é a Monarquía”... Ou outros aspectos como o sufraxio universal ou o sistema bicameral. Como ben se di no Artigo 33, a forma de goberno é a monarquía, e para iso era necesario atopar un novo rei que dirixira o país. En 1870, presentouse a Amadeo de Saboia como candidato e pouco despois o xeneral Prim presentou a Amadeo nas Cortes e, tras os votos, o triunfo foi para el, convertíndose así en Amadeo I.
   A rexencia de Amadeo estivo impregnada dunha inestabilidade tanto política como social; política polas división que se estaban a dar nos distintos partidos e social polas constantes guerras nas que vivía España (destacando a de Cuba). Tras dous longos anos, Amadeo I renunciou á coroa (Doc. 3) porque “...España vive e constante loita…”, “...todos pelexan e axítanse polo seu ben…”, etc, finalizando da seguinte maneira a súa abdicación: “...Estas son, señores deputados, as razóns que me moven a devolver á nación, e no seu nome a vosoutros, a Coroa que me ofreceu o voto nacional”.
   Ante esta abdicación, o Congreso e o Senado tomaron o poder de maneira conxunta e proclamaron a república. A Primeira República durou menos dun ano, xa que, en 1874, o xeneral Pavía deu un golpe de Estado. Aínda así, durante este período gobernaron catro presidentes diferentes; o primeiro foi Figueras, que mantivo practicamente na súa totalidade a Constitución de 1869. O segundo foi PI i Margall, que intentou reconciliar as correntes republicanas. Este foi substituído por Salmerón, que o seguir Castelar.
   Pero, durante o seu goberno, Pi i Margall propuxéralles ás Cortes un proxecto de Constitución para a república. Xa durante o goberno de Castelar, apareceu a Constitución non nata de 1873 (Doc. 4), na que se recollían, entre outros, os seguintes aspectos: “Art.39. A forma de goberno de Nación Español é a República federal”, “Art. 42. A soberanía reside en tódolos cidadáns, e exércese en representación súa polos organismo políticos da República constituída por medio do sufraxio universal”, etc.
   No 1874, o xeneral Pavía preparou un golpe de Estado que acabou co experimento republicano. Tras este golpe, instaurouse a ditadura de Serrano, que durou un ano.
   Finalmente, os Borbóns retornaron ao poder representados polo fillo de Isabel II, Afonso XII.

Comentarios

Entradas populares de este blog