COMPOSICIÓN: A CRISE DA RESTAURACIÓN
A comezos do século XX, a Restauración, baseada nunha monarquía non democrática pero liberal, continuaba vixente. A estabilidade desta forma política deusa grazas ao pacto para ter o goberno entre o Partido Conservador e o Partido Liberal. Foi tamén importante o caciquismo.
Pero, xa dende finais do século XIX apareceu o rexeneracionismo, que propuña unha serie de cambios sociais e políticos.
No 1902 Afonso XIII accedeu ao trono e os partidos escolleron a novos líderes: Maura, do partido conservador, e Canalejas, do liberal. Un grave problema do trono do rei Afonso eran as tensións entre os militares e o nacionalismo catalán. E así, en 1905 publicouse un artigo na revista El ejército Español (Doc.1) no que se criticaba todo movemento relacionado co nacionalismo e se recordaba o poder do exército.
Maura gobernou durante dous anos, e durante o seu mandato produciuse a Conferencia de Alxeciras, pola cal España quedou co Rif de Marrocos, e a Semana Tráxica de Barcelona, que foron unha serie de revoltas que se produciron pola guerra entre os habitantes do Rif e as tropas españolas.
Tras Maura, o rei deicidiu poñer ao mando do goberno a Canalejas.
En 1914 estalou a Primeira Guerra Mundial, que trouxo a España unha serie de crises: a militar, a política e a social, que culminou nunha folga xeral no mes de agosto de 1917, convocada pola UGT e a CNT (Doc.2).
Nese mesmo ano, os dous partidos dinásticos, presididos por Maura e Canalejas, descompuxéronse. Dende ese ano, e ata 1922, sucedéronse unha serie de gobernos efímeros (Doc.4). Ao mesmo tempo, os partidos non dinásticos atopábanse tamén nun momento inestable. O Partido Socialista, por exemplo, tiña unha minoría radical que creou o PCE. Os republicanos dividíanse en radicais e reformistas. Os nacionalistas tamén estaban divididos.
Pola súa parte, os movementos obreiros creceron de maneira destacada. A UGT aumentou os afiliados así como a presenza no medio rural. A CNT, pola súa parte, estaba formada por sindicalistas moderados e outros terroristas.
No 1918, deuse en Andalucía o chamado trienio bolxevique pola intensificación das mobilizacións contra o sistema latifundista. Ao ao seguinte, en Barcelona, a empresa eléctrica Candense organizou unha folga que paralizou practicamente a cidade.
Aínda así, o acontecemento máis grave destes anos deuse en Marrocos no ano 1921. O xeneral Silvestre intentou ocupar parte do Rif, polo que o xefe dos habitantes de Rif derrotou ás tropas españolas na batalla de Annual (Doc.3). Moitos dos soldades españois desapareceron neste combate.
Este suceso foi un dos culminantes para poñer fin ao réxime parlamentario. A concentración liberal de García Prieto intentou salvar este réxime cunha Constitución (1876), pero pouco antes de que isto sucedese, un golpe de Estado poñía fin ao réxime (Doc.5).
O golpe de Estado apenas tivo oposición ao atoparse España nunha profunda situación de crise. Miguel Primo de Rivera, responsable do golpe, contou co apoio dalgúns sectores e máis co aprobamento da opinión pública en xeral. Este dixo que a dictadura sería algo transitorio que remataría unha vez que a crise acabara. O rei, Afonso XIII, cedeulle o cargo de presidente e ministro único. Dous anos máis tarde, sería o propio Primo de Rivera optou por un directorio civil, impulsando a formación dun grupo de dereitas (Unión Patriótica). Creou unha Asamblea Nacional Consultiva que estaba baixo o seu control. En canto á economía, estivo caracterizada polo intervencionismo estatal. Creou tamén varios monopolios estatais.
Arredor de 1926 a ditadura comezou a perder apoios. Ese mesmo ano formouse a Alianza Republicana e a Dereita Liberal Republicana. A CNT e o PSOE tamén se opuxeron á ditadura. Finalmente, Primo de Rivera presentou a súa dimisión no 1930.
Tras encargarlle Afonso XIII o goberno ao xeneral Dámaso Berenguer, o 14 de abril de 1931, tras unhas eleccións municipais convocadas para o 12 de abril, proclamouse en España a República.
Comentarios
Publicar un comentario