COMPOSICIÓN: GUERRA CIVIL

A mediados de 1936, a República era a forma de goberno de España. O 17 de xullo dese mesmo ano, un grupo de militares alzouse en Melilla en contra da república, e, ao día segiunte, ese alzamento estendeuse por toda España, agás nalgunhas das grandes cidades, como Madrid ou Barcelona. O levantamento contaba co apoio de monárquicos afonsinos, carlistas, falanxistas e militares conservadores.
    Tras ese alzamento, non tardaron en chegar discursos para chamar á resistencia ao pobo, como o discurso pronunciado por parte de Dolores Ibarruri (Doc.1) tan só un día despois de que o levantamento chegara á península.
    España quedou dividida en dúas zonas. Por un lado, as grandes cidades e as zonas industriais quedaron en poder do goberno, que era republicano por ese momento. Por outro lado, as zonas máis agrarias estaban en mans dos militares sublevados. A finais do mes de xullo, o levantamento militar derivara a unha guerra civil na que se enfrontaban os sublevados, tamén chamados nacionales, e os republicanos.
    Esta Guerra Civil pronto foi coñecida en todo o mundo como a Guerra de España. Nun primeiro momento, Francia e Reino Unido promoveron a formación dun Comité de Non Intervención, firmado por 27 países que subscribiron o Acordo de Non Intervención, a través do cal se comprometían a non exportar armas nin municións a España. Aínda así, este acordo non se cumpliu, xa que pouco despois moitos dos países que o firmaran, estaban xa a ofrecer a súa axuda a algún dos dous bandos.
    A república contou coa axuda de Francia, a URSS, sobre todo en material bélico, e México. Foi tamén destacable o papel das Brigadas Internacionais, que estaban formadas por dirixentes da III Internacional e voluntarios que pretendían defender a república.
    Pola súa parte, os sublevados contaron coa axuda da Italia de Mussolini (Doc.2) e a Alemaña de Hitler. Mentres que Italia pretendía conseguir coa vitoria dos nacionales un aliado no Mediterráneo, Hitler utilizou a guerra como una campo de proba de todos os seus materiais bélicos. Estes últimos ofreceron a axuda da man do Lexión Cóndor. Mussolini optou polo Corpo di Truppe Volontarie e a Aviazione Legionaria. A axuda destes dous países foi decisiva para que se dera a vitoria dos sublevados na Guerra Civil.
    Durante os primeiros meses de guerra, os nacionales procuraron conquistar Madrid, pero a súa intención foi fallida e tras ese fracaso, coa axuda dos avións italianos e alemás, as tropas de Marrocos chegaron á península. Antes de procurar de novo chegar a Madrid, Franco e as súas tropas decidiron liberar o Alcázar de Toledo. Esta decisión serviu para que os republicanos protoxeran ben Madrid. Mentres, os sindicatos e partidos obreiros, como CNT-FAI, procuraron unha oposición no pobo madrileño (Doc.3) a través de lemas como o coñecido “Non pasarán!”. Houbo tamén rivalidades entre algúns dirixentes da CNT e outros do PCE, que no seu medio de expresión (Doc.4) arremeteron contra o que os da CNT dicían.
    Durante a Guerra Civil, sucedéronse varios presidentes republicanos. Primeiro foi Casares Quiroga, ao que seguiu José Giral e máis tarde Largo Caballero (Doc.5), secretario xeral da UGT. O seu goberno estivo formado por socialistas, republicanos, nacionalistas e comunistas. Os seus principais obxectivos eran frear a revolución, transmitir unha imaxe dunha república boa, así como ter un exército regular. O seu goberno, ao estar formado por varias ideoloxías, non quedaba libre de tensións internas. Unha das esixencias por parte de moitos dos que formaban o seu goberno era que ilegalizara o POUM, pero a súa negativa a facelo provocou que fora destituído.
    Pola súa parte, a España sublevada centrouse principalmente no papel do exército. Ademais, non seus territorios, pouco a pouco, fóronse prohibindo os partidos da Fronte Popular e todas as reformas agrarias e que foran impostas pola república. O que tamén buscaban os sublevados era conseguir unha dirección militar forte, polo que en outubro de 1936, Franco foi nomeado Xeneralísimo dos exércitos. Franco encargábase de controlar todo. Por exemplo, en 1937, a través do Decreto de Unificación, creou un partido único, que se denominaría Falange Tradicionalista y de las JONS (Doc.6). A Igrexa, pola súa parte, tería tamén un papel moi importante para os sublevados.
    Estando os republicanos en tensións e moi ramificados, e os sublevados unidos e capitaneados por Franco, o 1 de abril de 1939, Francisco Franco deu en Burgos o último parte de guerra (Doc.7), no que afirmaba que o exército roxo xa se atopaba desarmado, que a victoria era dos nacionales e que a guerra rematara.
    Tras o final desta guerra, comezará a ditadura de Franco, que duraría ata a súa morte, o 20 de novembro de 1975.

Comentarios

Entradas populares de este blog